FACTORÍA SHOWROOM foi inaugurada o 10 de xuño de 2008, nos xardíns dunha finca situada en Santa Cruz de Lians (Oleiros – A Coruña), co obxecto de atender a un tipo de coleccionistas máis consolidado e con necesidades especiais coma a escultura de exteriores ou pezas de gran formato; pero, sobre todo, deseñado para ampliar o noso campo de traballo en Galicia a unha zona xeográfica carente dun espazo de arte contemporáneo de solvencia ao tempo que para tratar de re-conducir, mediante un adecuado asesoramento técnico, coleccións públicas e privadas. Un espazo aberto ao público –previa cita- co fin de consegui-la confidencialidade e o trato personalizado que este tipo de operacións require. A galería e este novo espazo manteñen unha coherencia conceptual e formal, xa que tras deles subxace a nosa filosofía iniciática, aquello que, para Susan Sontag, constitúe o valor máis alto e liberador da arte: a transparencia.
