O termo arte sonoro constitúe un singular obxecto de discusión dende hai máis de cen anos. Dada a dificultade para consideralo unha categoría artística diferente da música (no sentido amplo e contemporáneo que John Cage, Edgar Varèse ou Charles Ives nos legaron) moitos autores calificaron este concepto de entelequia, aludindo á imposibilidade de determinar con precisión o seu alcance e significado.
Non obstante, como afirmou William Furlong, a “incapacidade do son para constituír por si mesmo unha categoría distintiva dentro da práctica artística probou ter varias vantaxes”, moi especialmente, a carencia dunha tradición sólida que coarte as infinitas posibilidades estéticas dun medio en permanente expansión.
Factoría pretende, polo tanto, saca-lo máximo partido da natureza intermedial da experimentación acústica, a súa vocación de espazo de converxencia entre a música, a literatura, os contidos visuais e táctiles. Afrontar a rotundidade da plástica dende a inmaterialidade sonora é, sen dúbida, un dos grandes retos do noso tempo e un compromiso fundamental do noso espazo.
